01. Aproximación contrastiva ao funcionamento dos marcadores discursivos olla, olha e mira en galego, portugués e español

Autores

  • PORTELA, Soraya domínguez (IES Ribeira de Louro)

Resumo

     Neste traballo preséntase unha descrición do funcionamento dos marcadores discursivos (MD) olla / olha en galego e portugués e mira en galego e español. Polo tanto, este é un traballo encadrado na liña de investigación da análise do discurso, combinada coa lingüística contrastiva. Nestas páxinas trátanse de maneira principal a cuestión de por que certas formas dos verbos de percepción adoitan desenvolver unha función discursiva, o funcionamento e os valores dos MD olla / olha e mira nun corpus exemplos das tres linguas, e mais os contrastes existentes entre elas. De maneira máis específica, analizaranse as diferenzas entre olla e mira en galego e as súas causas.

Palavras-chave:

Contacto de línguas. Marcador discursivo. Verbos de percepción.

Downloads

Publicado

01-08-2020

Edição

Seção

Artigos